luns, 29 de xuño de 2015

Feliz verán

Os que participamos no Proxecto Ríos no CEIP de San Clemente desexámosvos un feliz verán respectando a natureza, que é a casa de todos.

Rematamos o curso na Illa de Ons



Ilustramos poemas con fotos

Presentamos estes traballos ao concurso "Galicia, Auga e Literatura" de La Voz de Galicia.



A primavera no Río Bermaña

Na primavera fixemos un herbario coas follas das árbores e plantas que vimos na saída ao río. Paco de Adega axudounos a identificalas. Logo puxémolas no corredor simulando ás árbores que dan sombra ao Río Bermaña.

ALGÚN TRUQUIÑO APRENDEMOS PARA DEBUXAR AS FOLLAS.


Atopamos máis vida da que pensabamos

Os de Quinto e Sexto achegámonos ao río para coñecelo mellor. Cando marchamos deixámolo máis limpo de que estaba.





O Río Bermaña está moi san

Os datos que observamos no Río Bermaña son os seguintes:



domingo, 28 de xuño de 2015

venres, 26 de xuño de 2015

O OUTONO NO RÍO BERMAÑA

Achegámonos a coller follas secas de distintas árbores para facer, de maneira libre, distintos animais relacionados cos ríos. Tamén houbo algún ser mitolóxico como fadas.