luns, 29 de xuño de 2015

Feliz verán

Os que participamos no Proxecto Ríos no CEIP de San Clemente desexámosvos un feliz verán respectando a natureza, que é a casa de todos.

Rematamos o curso na Illa de Ons



Ilustramos poemas con fotos

Presentamos estes traballos ao concurso "Galicia, Auga e Literatura" de La Voz de Galicia.



A primavera no Río Bermaña

Na primavera fixemos un herbario coas follas das árbores e plantas que vimos na saída ao río. Paco de Adega axudounos a identificalas. Logo puxémolas no corredor simulando ás árbores que dan sombra ao Río Bermaña.

ALGÚN TRUQUIÑO APRENDEMOS PARA DEBUXAR AS FOLLAS.


Atopamos máis vida da que pensabamos

Os de Quinto e Sexto achegámonos ao río para coñecelo mellor. Cando marchamos deixámolo máis limpo de que estaba.





O Río Bermaña está moi san

Os datos que observamos no Río Bermaña son os seguintes:



domingo, 28 de xuño de 2015

consumo responsable de auga e mímica

O día do medio ambiente fixemos mímica para aprender a usar a auga e a non malgastala.
Tamén calculamos a auga que empregamos nas nosas casas .



Proxecto do plástico nas nosas vidas e no medio ambiente

Os de Cuarto déronnos a coñecer o plástico e os problemas que ocasionan







Cidade con río ou río con cidade.

Os de Terceiro construíron unha cidade a carón dun río. Se respectamos o río, éste daranos calidade de vida.


visita ao castro

Os de 5º e 6º visitamos un castro preto do Río Bermaña.


coñecemos o río e os seus usos

3º, 4º, 5º e 6º coñecemos a conca do Río Bermaña






venres, 26 de xuño de 2015

O OUTONO NO RÍO BERMAÑA

Achegámonos a coller follas secas de distintas árbores para facer, de maneira libre, distintos animais relacionados cos ríos. Tamén houbo algún ser mitolóxico como fadas.