Coñeceron e se divertiron en entornos fluviais de Asturias.
sábado, 1 de xullo de 2017
martes, 27 de xuño de 2017
CAMIÑADA DE FINAL DE CURSO
A dous días de rematar fixemos unha camiñada polo monte e río da parroquia de San Clemente onde visitamos un menhír, mámoas, un castro que non coñeciamos, un muíño... en tan só 10 quilómetros.
ESTUDO DE MACROINVERTEBRADOS EN AULA
O 9/12/2.016 aprobeitamos para visualizar con lupas binoculares e microscopio as larvas do río que trouxemos para a aula. Estudámolas en detalle e comprobamos tamén outros datos como transparencia da auga, osíxeno... Entrou o inspector pola porta cando estabamos afanados nesta tarefa.
FIXEMOS E COIDAMOS UN ACUARIO
Os de Segundo de Primaria prepararon un acuario con distintas especies vexetais e insectos e larvas de macroinvertebrados. Tamén había 3 cágados que foron transfomándose ata chegar a ras. Logo todos eles foron liberados.
SAÍDA PARA ANALIZAR O RÍO BERMAÑA
Un ano máis os de Quinto e Sexto comprobaron a excelente calidade da auga do Río Bermaña empregando parámetros químicos (Ph, osíxeno, nitratos) e biolóxicos (identificando os macroinvertebrados atopados).
VISITA DE PRIMAVERA A CALDAS DE REIS
Volvemos de novo ao xardín botánicos da vila en primavera onde plantamos unha árbore do amor. Coñecemos máis árbores entre elas unha de cada continente e achegámonos ao Río Umia
VISITA DE INVERNO A CALDAS.
O último día de decembro fomos cheos de frío a Caldas onde vimos o xardín botánico e nos acercamos aos ríos Umia e desembocadura do Bermaña, e tamén á súa historia coas pontes romanas, a casa e a torre de Dona Urraca á beira do río.
OUTRO PREMIO POR POESÍA ECOLÓXICA
A FONTE
Había na fraga unha fonte
á que todo o mundo ía
e aquel que estaba doente
o seu mal desaparecía.
Viñeron os ruíns e poderosos
aproveitarse e poñer unha billa.
o que tiña cartos curaba,
o que era pobre morría.
Alba Rajoy (Cuarto)
FIXEMOS ENTRE TODOS UN HORTO ESCOLAR
Este ano nos animamos a plantar leitugas, tomates, fresas, calabacíns, cenorias, patacas, chícharos...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)