Os que participamos no Proxecto Ríos no CEIP de San Clemente desexámosvos un feliz verán respectando a natureza, que é a casa de todos.
luns, 29 de xuño de 2015
A primavera no Río Bermaña
Na primavera fixemos un herbario coas follas das árbores e plantas que vimos na saída ao río. Paco de Adega axudounos a identificalas. Logo puxémolas no corredor simulando ás árbores que dan sombra ao Río Bermaña.
ALGÚN TRUQUIÑO APRENDEMOS PARA DEBUXAR AS FOLLAS.
ALGÚN TRUQUIÑO APRENDEMOS PARA DEBUXAR AS FOLLAS.
Atopamos máis vida da que pensabamos
Os de Quinto e Sexto achegámonos ao río para coñecelo mellor. Cando marchamos deixámolo máis limpo de que estaba.
domingo, 28 de xuño de 2015
consumo responsable de auga e mímica
O día do medio ambiente fixemos mímica para aprender a usar a auga e a non malgastala.
Tamén calculamos a auga que empregamos nas nosas casas .
Tamén calculamos a auga que empregamos nas nosas casas .
Cidade con río ou río con cidade.
Os de Terceiro construíron unha cidade a carón dun río. Se respectamos o río, éste daranos calidade de vida.
venres, 26 de xuño de 2015
O OUTONO NO RÍO BERMAÑA
Achegámonos a coller follas secas de distintas árbores para facer, de maneira libre, distintos animais relacionados cos ríos. Tamén houbo algún ser mitolóxico como fadas.
mércores, 24 de xuño de 2015
Vídeo do Ciclo da Auga
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)